Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 11/97, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de sistemas de alimentación ininterrompida para centrais telefónicas dos centros da Universidade da Coruña. (Expediente 1042/97).

Convócase a concurso público, por procedemento aberto trámite de urxencia, para a subministración de sistemas de alimentación ininterrompida para centraliñas teléfonicas en varios centros da Universidade da Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá, na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dous millóns trinta e sete mil setecentas oitenta e nove pesetas (2.037.789).

Garantía provisional: corenta mil setecentas cincuenta e seis pesetas (40.756).

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

9493