Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 11/97, con procedemento aberto, das obras dos novos edificios para sede do vicerrectorado e administración no campus de Ferrol. (Expediente 3045/97).

Convócanse a concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia, as obras dos novos edificios para sede do vicerrectorado e administración no campus de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: douscentos vinteseis millóns cincocentas quince mil cincuenta pesetas (226.515.050).

Garantía provisional: catro millóns cincocentas trinta mil trescentas unha pesetas (4.530.301).

Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría e.

Prazo de execución: 14 meses.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

9489