Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/86-2, 4774 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. en Quintela e Teixeira-2ª fase.

Situación: Baralla.

Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x25 e R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Quintela e Teixeira-2ª fase, concello de Baralla.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8832