Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: R.B.T. Aios-Soutullo.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: R.B.T., aérea, de 1.735 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. Aios-Soutullo, concello de Sanxenxo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 21 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8924