Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/278-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Dalphi-polígono A Granxa.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a liña ATI 703 alimentando en bucle ó centro de seccionamento proxectado de Dalphi-polígono A Granxa, concello do Porriño. Centro de seccionamento con celas CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8920