Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/76-2, 4760 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. aérea e Subt. río Cabe-vivendas Sociais.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña aérea de media tensión a 20 kV, con conductor R.H.V.S. ou D.H.V.S. 3x1x150 +H16, cunha lonxitude de 0,141 km. Liña de media tensión subterránea, con conductor R.H.V.-12/20 kV 3x150 mm Al, para mellora do servicio eléctrico na zona, río Cabe-vivendas Sociais, en Monforte de Lemos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 13 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8918