Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/72-2, 4756 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Airexe e Veiga.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea núa a C.T. Igrexa a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 310 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación

de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV 3x95 mm Al, para mellora do servicio eléctrico na zona de Airexe e Veiga, Concello de Sarria.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 10 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-8856