Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.489

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de novembro de 1997 pola que se convoca concurso de traslados autonómico entre funcionarios do corpo de mestres.

O Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, establece que as administracións educativas convocarán concurso de traslados de ámbito nacional cada dous anos. Celebrado o concurso correspondente ó curso 1996/1997, en aplicación do disposto no artigo 1 da Lei 24/1994 do 12 de xullo, correspóndelles ás administracións educativas con competencias en materia de educación, convocar neste curso convocatoria de ámbito autonómico.

En aplicación do anterior, nesta convocatoria proveranse os postos vacantes, que no seu momento determinará esta consellería, sinalados no artigo 8 do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, modificado polo Real decreto 1664/1991, do 8 de novembro, así como os do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria e os de apoio á integración en institutos de educación secundaria obrigatoria.

Igualmente, e ó amparo do Decreto 895/1989, do 14 de xullo, convócanse os procesos previos ó concurso co fin de atende-la cobertura de vacantes nos postos sinalados no seu artigo 8.

Neste concurso deberá recollerse, igualmente, a adscrición levada a cabo ó abeiro da Orde do 15 de maio de 1996 (DOG do 29) e as situacións administrativas derivadas desta.

Na súa virtude, de acordo co previsto nos reais decretos 1774/1994, do 5 de agosto (BOE do 30 de setembro), 895/1989, do 14 de xullo (BOE do 22) e Lei 24/1994, do 12 de xullo.

Esta consellería dispón anuncia-las seguintes convocatorias:

Primeira.-Convocatoria para que os mestres que cesaron como consecuencia da supresión ou modificación do posto de traballo que viñan desempeñando con carácter definitivo nun centro, e os adscritos a un posto para o que non están habilitados segundo o disposto nos artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, poidan solicita-la adscrición a outro posto do mesmo centro.

Esta convocatoria faise extensiva ós mestres que no proceso de adscrición do ano 1996 quedaron adscritos con carácter forzoso nun posto de traballo dun IES en localidade distinta da de procedencia.

Segunda.-Convocatoria para que os mestres que se encontren comprendidos no suposto a que alude

a disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 895/1989, poidan solicitar posto de traballo para o que estivesen habilitados dentro da zona a que pertence o centro no que teñen o destino definitivo.

Terceira.-Convocatoria para que os mestres que se encontren nalgún dos supostos a que alude o artigo 18, modificado polo Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, poidan exerce-lo dereito a obter destino nunha localidade ou zona determinada. Poderán participa-los mestres que no proceso de adscrición do ano 1996 obtiveron destino con carácter forzoso nun IES de localidade distinta á de procedencia e continúan adscritos nel. Este dereito exercerano exclusivamente á localidade que tiñan acreditada antes do proceso de adscrición.

Cuarta.-Convocatoria do concurso autonómico previsto no artigo 1 da Lei 24/1994.

De conformidade co establecido na disposición adicional novena da Orde do 15 de maio de 1996, os funcionarios do corpo de mestres que participen no concurso de traslados farano desde os postos de traballo obtidos no proceso de adscrición.

Así mesmo, os funcionarios de corpo de mestres que participaron no proceso de adscrición regulado na Orde do 15 de maio de 1996 e non obtiveron destino consideraráselles que perderon o posto de traballo que viñan desempeñando como consecuencia da súa supresión ou transformación.

* Convocatoria primeira.

Convocatoria para que os mestres que cesaron como consecuencia da supresión ou modificación do posto de traballo que viñan desempeñando con carácter definitivo nun centro; os adscritos a un posto para o que non están habilitados, segundo o previsto nos artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989; os que como consecuencia da adscrición do ano 1996 quedaron adscritos con carácter forzoso a un IES de localidade distinta á de procedencia, poidan solicita-la adscrición a outro posto do mesmo centro. Igualmente poderán participar nesta convocatoria os mestres de educación infantil de centros transformados en institutos de educación secundaria ou centros de educación permanente de adultos, desde o centro ó que maioritariamente foron trasladados os alumnos.

Rexerase polas seguintes bases:

I. Participantes.

Primeira.-Poden participar nesta convocatoria tanto a vacantes como a posibles resultas os funcionarios de carreira do corpo de mestres dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se encontren nalgún dos supostos seguintes:

1. Os que perderan o posto de traballo que viñan desempeñando con carácter definitivo ben por supresión, ben por transformación deste.

Os que en virtude da nova rede de centros adscritos a postos de educación infantil perderon o seu posto por transformación do centro en institutos de educación secundaria ou centros de educación permanente de adultos, participarán desde o centro no que foron escolarizados os alumnos. Cando os centros receptores fosen máis de un, optarán exclusivamente a un deles.

Os que como consecuencia do proceso de adscrición do ano 1996 quedaron adscritos con carácter forzoso a un IES de localidade distinta á de procedencia.

2. Os que en virtude da adscrición convocada pola Orde do 22 de maio de 1990 (DOG do 7 de xullo), na Orde do 9 de xullo de 1991 (DOG do 14 de agosto) e, se é o caso, Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril) obtiveron un posto para o que non están habilitados conforme esixen os artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989, modificado polo Real decreto 1664/1991.

II. Prioridades.

Segunda.-Terán prioridade na obtención de destino os que se encontren en calquera dos supostos 1 e 2 relacionados na norma primeira da base I, conxuntamente considerados.

Terceira.-Cando existan varios mestres dentro dun mesmo suposto, a prioridade entre eles determinarase pola maior antigüidade como definitivo no centro, sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior para os supostos 1 e 2 que se considerarán conxuntamente. Para estes efectos computarase como antigüidade no centro tamén o tempo de permanencia en comisión de servicios, servicios especiais e outras situacións administrativas que non supuxeran perda do destino definitivo.

Os mestres que teñan o destino nun centro por desagregación ou traslado total ou parcial doutro ou transformación, contarán, para efectos de antigüidade como propietarios definitivos neste a referida ó seu centro de orixe. Igual tratamento daráselle ós mestres ós que lles foi suprimido o seu destino inmediatamente anterior. Para o caso de mestres afectados por supresións consecutivas de postos de traballo, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nos centros que sucesivamente lle foron suprimidos.

Cuarta.-No caso de igualdade na antigüidade decidirá o maior número de anos de servicios efectivos como funcionario de carreira do corpo de mestres e, en último término, a promoción de ingreso máis antiga e, dentro desta, a maior puntuación que virá dada polo número de lista xeral acreditado por cada concursante.

III. Solicitudes.

Quinta.-Os que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que será facilitada polas delegacións provinciais desta consellería, servicios centrais e aqueloutros lugares que se determinen.

Poderán incluír nas súas peticións calquera posto do centro, sendo imprescindible estar habilitado para o seu desempeño.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada nos números 1 e 2 da norma décimo oitava da base V das normas comúns ás convocatorias, a seguinte:

-Copia do documento que acredita o cesamento en virtude de supresión ou modificación do posto de traballo (só os mestres comprendidos no suposto 1 da norma primeira da base I da convocatoria).

-Copia da resolución de adscrición, anexo III da Orde do 22 de maio de 1990 e, se é o caso, do anexo VI da Orde do 9 de xullo de 1991 ou da Orde do 30 de marzo de 1992 (para os mestres do suposto da dita norma primeira da base I da convocatoria).

* Convocatoria segunda.

Convocatoria para que os mestres que estean comprendidos no suposto a que alude a disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, poidan solicitar posto de traballo para o que estivesen habilitados, dentro da zona á que pertence o centro do que son definitivos.

Rexerase polas seguintes bases:

I. Participantes.

Primeira.-Poden participar na presente convocatoria aqueles funcionarios de carreira do corpo de mestres con destino na Comunidade Autónoma de Galicia que en virtude da adscrición convocada polas ordes do 22 de maio de 1990 (DOG do 7 de xuño) ou 9 de xuño de 1991 (DOG do 14 de agosto), ou da Orde do 30 de marzo de 1992, obtiveron un posto de traballo para o que non están habilitados a teor do disposto no artigo 17 do Real decreto 895/1989.

Segunda.-Quedan excluídos do establecido no parágrafo anterior os mestres que obtiveron destino en calquera dos concursos convocados con posterioridade á Orde do 22 de maio de 1990 e os que obtiveron nova adscrición a posto para o que están habilitados en virtude do disposto na Orde do 9 de xullo de 1991 (DOG do 14 de agosto) e Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril) e tamén os que obtiveron destino en virtude da Orde do 15 de maio de 1996.

II. Prioridades.

Terceira.-As prioridades virán dadas pola aplicación do baremo establecido no anexo I da presente orde.

A obtención de destino conforme o disposto nesta convocatoria non se computará, en ulteriores concursos, como cambio de centro para os efectos da baremación prevista nos apartados a) e b) do baremo.

III. Solicitudes.

Cuarta.-Os que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que para tal fin será

facilitada polos órganos da administración educativa.

Quinta.-Poderán incluír nas súas peticións calquera centro da zona, sendo imprescindible estar habilitado para o desempeño do posto que solicita.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada na norma décimo oitava da base V das comúns ás convocatorias, a seguinte:

-Copia da resolución de adscrición, anexo III da Orde do 22 de maio de 1990 ou, se é o caso, anexo VI da Orde do 9 de xuño de 1991 ou da Orde do 30 de marzo de 1992.

* Convocatoria terceira.

Convocatoria para que os mestres que se atopan nalgún dos supostos a que alude o artigo 18 do Real Decreto 895/1989 modificado polo Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, poidan exerce-lo dereito a obter destino nunha localidade ou zona determinada.

Rexerase polas seguintes bases:

I. Participantes.

Primeira.-Terán dereito preferente, por unha soa vez e con ocasión de vacante, a obter destino nunha localidade determinada, os funcionarios de carreira do corpo de mestres que se encontran nalgún dos supostos que a continuación se indican:

a) Os que, en virtude de resolución administrativa firme, teñan recoñecido o dereito a obter destino nunha localidade ou recuperalo onde antes o desempeñaban.

b) Os mestres ós que se lles suprimiu o posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo na mesma localidade. Entre os casos de supresión comprenderase o de transformación do posto de traballo cando o titular non reúna os requisitos específicos esixidos nos artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989 para o seu desempeño. Quedan incluídos neste apartado os mestres que como consecuencia da adscrición do ano 1996 quedaron adscritos con carácter forzoso a un IES de localidade distinta á de procedencia. Este dereito exercerano exclusivamente á localidade que tiñan acreditada con anterioridade ó proceso de adscrición.

c) Os mestres de centros públicos españois no estranxeiro que cesaron nestes por transcurso do tempo para o que foron adscritos e a quen o Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño (BOE do 6 de agosto), recoñece o dereito a ocupar, ó seu retorno a España, un posto de traballo na localidade na que tiveran o seu destino definitivo no momento de producirse o seu nomeamento.

d) Os mestres que, transcorridos os períodos de tres ou seis anos de adscrición á función de inspección educativa, deben incorporarse ó posto correspondente do seu corpo, e ós que a Lei 23/1988, do 28 de xullo, recoñece dereito preferente á localidade do seu último destino definitivo como docente.

e) Os mestres que, con perda da praza docente que desempeñaban con carácter definitivo, pasaron a desempeñar outro posto na Administración, mantendo a súa situación de servicio activo no corpo de mestres, sempre que cesaran neste último posto.

Os mestres que estean recollidos en calquera destas normas deberán exercer este dereito na localidade da que dimana o dereito e poderán exercelo, igualmente, en calquera localidade do ámbito da zona, agás os mestres forzosos do proceso de adscrición do ano 1996 que soamente poderán exercelo á localidade de procedencia.

Previamente á resolución do concurso reservaráselles localidade e especialidade tendo en conta a orde de prelación sinalada polos participantes. Para a adxudicación de centro concreto estarán en pé de igualdade co resto dos participantes do concurso autonómico.

Segunda.-Serán condicións previas, en tódolos supostos anteriores, para exerce-lo dereito preferente:

a) Que o dereito a destino na localidade ou zona se fundamente en nomeamento realizado directamente para esta, mediante procedemento ordinario de provisión.

b) Que exista posto de traballo vacante ou resulta nas localidades da zona da que se trate, sempre que se estivese lexitimado para o seu desempeño.

Terceira.-Os mestres ós que se refire a norma primeira da presente base, se desexan facer uso deste dereito preferente, e ata que o alcancen, deberán acudir a tódalas convocatorias que, para estes efectos, realicen as administracións públicas, pois, en caso contrario, considéranse decaídos no seu dereito. Todo isto sen prexuízo do que, en relación a estes mestres, se dispón no Real decreto 895/1989.

De conformidade coa disposición adicional décimo segunda da Orde do 15 de maio de 1996, para os efectos de mante-lo dereito preferente no concurso de traslados, os funcionarios do corpo de mestres que quedan en situación de suprimidos exercerán este dereito con carácter forzoso á localidade na que estaba localizado o seu centro e con carácter voluntario a calquera localidade da zona educativa, agás os mestres forzosos do proceso de adscrición que soamente poderán exercelo á localidade de procedencia.

II. Prioridades.

Cuarta.-A prioridade para facer efectivo o dereito preferente a unha localidade ou zona determinada virá dada polo suposto en que se atopen comprendidos, segundo a orde de prelación en que vai relacionado na norma primeira, en concordancia coa sexta, da base I desta convocatoria.

Cando existan varios mestres dentro dun mesmo grupo, a prioridade entre eles determinarase pola maior puntuación derivada da aplicación do baremo.

Quinta.-Obtida localidade e especialidade como consecuencia do exercicio do dereito preferente, o destino en centro concreto alcanzarano en concorrencia cos participantes no concurso autonómico previsto no artigo 1 da Lei 24/1994, convocatoria que se anuncia co número 4 da presente orde, determinándose a súa prioridade de acordo co baremo establecido.

III. Solicitudes.

Sexta.-Os que desexen facer uso do dereito preferente a unha localidade ou zona cubrirán a instancia que será facilitada ós aspirantes polos órganos correspondentes da administración educativa.

Nela terán que consignar, no lugar correspondente segundo as instruccións que se xuntan a esta, a localidade ou zona na que solicitan exerce-lo dereito. Así mesmo cubrirán, por orde de preferencia, tódalas especialidades para as que están habilitados. Esta preferencia será tida en conta para efectos de reserva de localidade e especialidade.

Para a obtención de centro concreto deberán relacionar, segundo as súas preferencias, no lugar sinalado para o efecto na instancia, tódolos centros da localidade se exercen este dereito na propia localidade. Se exercen voluntariamente dereito preferente á zona deberán consignar na instancia exclusivamente códigos de localidades nas que pretenden obter destino, podendo ser destinado a calquera centro. De non facelo así e non corresponderlles por baremo algún centro dos solicitados, a Administración adscribiraos de oficio a un centro da localidade.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada nas normas comúns ás convocatorias:

-Copia do documento que acredite a lexitimación para o exercicio do dereito preferente a unha localidade ou zona determinada.

* Convocatoria cuarta.

Convocatoria do concurso autonómico previsto no artigo 1 da Lei 24/1994.

Rexerase polas seguintes bases:

I. Características.

Primeira.-O concurso consistirá na provisión de postos de traballo, por centros e especialidades, dos previstos no artigo 8 do Real decreto 895/1989 e, se é o caso, cos requisitos lingüísticos que sexan esixibles.

Na resolución de adxudicación indicarase a localidade á que corresponden os ditos postos.

II. Participantes.

Segunda.-Poderán tomar parte no concurso os funcionarios do corpo de mestres que se atopen en calquera situación administrativa, sempre que teñan destino na Comunidade Autónoma de Galicia ou estean nunha situación administrativa diferente da de servicio activo autorizada pola Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria, agás os suspensos mentres permanezan na dita situación.

Os excedentes voluntarios deben reuni-las condicións para reingresar ó servicio activo.

Terceira.-Están obrigados a participar no concurso aqueles mestres que carezan de destino definitivo a consecuencia de:

3.1. Resolución firme de expediente disciplinario.

3.2. Cumprimento de sentencia ou resolución de recurso.

3.3. Supresión do posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo.

3.4. Reingreso con destino provisional.

3.5. Excedencia forzosa.

3.6. Suspensión de funcións, unha vez cumprida a sanción.

3.7. Causas análogas que implicasen a perda do posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo e os opositores do ano 1996 sempre que fosen declarados aptos na fase de prácticas.

Cuarta.-Así mesmo, están obrigados a participar neste concurso os provisionais que, estando en servicio activo, nunca obtiveron destino definitivo.

Quinta.-Os mestres comprendidos nos supostos a que fan referencia os números 3.1, 3.4 da norma terceira e aqueles a que alude a norma cuarta da presente base, que non participen no concurso ou que non obteñan destino dos solicitados, serán destinados, de existiren vacantes, a un posto da Comunidade Autónoma, sempre que cumpran os requisitos esixibles para o seu desempeño.

Sexta.-Os mestres con destino provisional como consecuencia de cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, de supresión do posto de traballo do que eran titulares, ou do transcurso do tempo para o que foran adscritos a postos de traballo docentes españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa, de non participaren no concurso, serán destinados libremente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma que se sinala na norma anterior.

Aqueles que, cumprindo coa obriga de concursar, non obteñan destino dos solicitados nas seis primeiras convocatorias serán, así mesmo, destinados libremente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma antes dita.

Sétima.-Os procedentes da situación de excedencia forzosa, no caso de non participaren no concurso, serán declarados na situación de excedencia voluntaria prevista no apartado 2 do artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

De participaren e non alcanzaren destino dos solicitados nas tres primeiras convocatorias serán destinados libremente pola Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria segundo o procedemento indicado na norma quinta da presente base.

Oitava.-Os mestres comprendidos no suposto recollido no número 3.6 da norma terceira da presente base, de non participaren en concurso serán declarados na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

De participar e non alcanzar destino dos solicitados serán destinados de oficio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma que se expresa anteriormente.

Novena.-En todo caso non procederá a adxudicación de oficio conforme as normas anteriores, cando os mestres obtiveran destino en concursos ou procedementos de provisión a postos non comprendidos no ámbito do Real decreto 895/1989.

III. Prioridades.

Décima.-As prioridades virán dadas pola aplicación do baremo que se inclúe como anexo I á presente orde.

IV. Solicitudes.

Décimo primeira.-Os que voluntaria ou obrigatoriamente participen no concurso, cubrirán a instancia que será facilitada ós concursantes pola Administración. Os mestres a que alude a norma quinta da base II desta convocatoria, incluirán necesariamente na súa petición de participación no concurso, no concepto global de provincias, a totalidade das que integran a Comunidade Autónoma. De non facelo así, serán destinados de oficio, segundo a orde alfabética, de existir vacante ou resulta para a que estiveran habilitados.

Normas comúns ás convocatorias

I. Requisitos específicos para o desempeño de determinados postos.

Primeira.-Ademais dos requisitos sinalados en cada unha das convocatorias, para poder solicitar postos de:

Educación infantil,

Idioma estranxeiro: inglés,

Idioma estranxeiro: francés,

Educación física,

Música,

Educación especial: pedagoxía terapéutica,

Educación especial: audición e linguaxe,

Educación primaria, requírese acreditar estar en posesión dalgún dos requisitos específicos que, para o desempeño destes, sinala o artigo 17 do Real decreto 895/1989, modificado polo Real decreto 1664/1991 e o anexo III da Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24) no referente ós postos de traballo de educación musical e o anexo II da Orde do 15 de maio de 1996, entendéndose como habi

litados en educación primaria á totalidade dos concursantes.

Os mestres que están a realizar curso de especialización poderán participar no concurso coa especialidade do curso correspondente quedando obrigados a xustifica-la correspondente habilitación antes da publicación da resolución provisional do presente concurso.

Poderán solicitar postos do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria os mestres que acrediten a habilitación correspondente de acordo coas seguintes equivalencias establecidas na Orde do 15 de maio de 1996.

Mestres con certificaciónÁreas do primeiro ciclo

de habilitación en:de ESO para as que queda

habilitado

Ciencias sociasCiencias sociais-xeografía

e historia

Matemáticas e cienciasCiencias da natureza

naturaise matemáticas

Filoloxía lingua casteláLingua castelá

e literatura

Filoloxía lingua galegaLingua e literatura

galega

Filoloxía lingua casteláLingua estranxeira:

e inglésInglés

Filoloxía lingua casteláLingua estranxeira:

e francésFrancés

Educación físicaEducación física

Educación musicalMúsica

Educación especial:Profesor de apoio á

pedagoxía terapéuticaatención de alumnos con

necesidades educativas

especiais

Educación especial:Audición e linguaxe

audición e linguaxe

Para poder optar a postos de traballo de ciencias sociais-xeografía e historia do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria, requírese, así mesmo, acreditar no momento de presentación de instancias, ter superado o curso de perfeccionamento en lingua galega ou estar en posesión dalgunha das súas validacións.

Os concursantes que obteñan no concurso posto de traballo de educación infantil; educación primaria; educación especial: pedagoxía terapéutica; educación especial: audición e linguaxe; música ou matemáticas e ciencias naturais, virán obrigados, no prazo de dous anos contados a partir do 1 de setembro de 1998 a superar, polo menos, o curso de perfeccionamento en lingua galega, agás que acrediten ter superado o dito curso ou estar en posesión dalgunha das súas validacións ou homologacións.

Para tal fin xuntarán á súa solicitude a documentación acreditativa que se sinala.

II. Prioridade entre as convocatorias.

Segunda.-A orde en que van relacionadas as convocatorias implica unha prelación na adxudicación de vacantes e resultas en favor dos participantes en cada unha delas, de tal forma que non pode adxudicarse posto a un mestre que participe nunha das convocatorias, se existe solicitante na anterior con dereito, sen prexuízo no que respecta á adxudicación de posto concreto ós que fagan efectivo o seu dereito preferente a unha localidade ou zona determinada, de ter en conta o que se dispón na norma quinta da base II da correspondente convocatoria.

Terceira.-É compatible a concorrencia simultánea, de asistir dereito, a dúas ou máis convocatorias das recollidas nesta orde, utilizando unha única instancia. As peticións atenderanse coa prelación indicada na norma anterior e, unha vez obtido destino, non se terán en conta as restantes peticións.

III. Prioridades na adxudicación de vacantes e resultas en cada convocatoria.

Cuarta.-Salvo no caso da convocatoria primeira (readscrición no centro) que se resolverá cos criterios que nela se especifican, a orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación obtida segundo o baremo que figura no anexo I.

Quinta.-O cómputo dos servicios prestados en centros ou postos singulares clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, a que se refire o apartado b) do baremo, comezará a partir da publicación da clasificación como tales (Orde do 24 de outubro de 1990-DOG do 12 de novembro).

Sexta.-Co fin de determina-los servicios ós que se refiren os conceptos a) e b) do baremo, e unicamente para efectos do concurso de traslados, considerarase como centro desde o que se participa, para aqueles que acoden sen destino definitivo como comprendidos nos supostos do artigo 11.4º do Real Decreto 895/1989, o último servido con carácter definitivo, ó que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente con posterioridade en calquera outro centro.

Os que participan desde a situación de provisionalidade por térselles suprimido a unidade ou posto escolar que viñan desempeñando con carácter definitivo, por resultaren desprazados por cumprimento de sentencia ou resolución de recurso ou por procederen de excedencia forzosa, terán dereito, ademais, a que se lle acumulen ó centro de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior. Para o caso de mestres afectados por supresións consecutivas de posto de traballo, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nos centros que sucesivamente lle foron suprimidos.

No suposto de que o mestre afectado non desempeñase outro destino definitivo terá dereito a que

se lle acumule, para os efectos sinalados, a puntuación correspondente ó apartado c) do baremo.

Sétima.-Os mestres que teñen o destino definitivo nun centro por desagregación ou traslado total ou parcial doutro ou transformación, contarán, para os efectos de permanencia ininterrompida prevista no apartado a) do artigo 21 no Real decreto 895/1989, a referida ó seu centro de orixe.

Oitava.-Aqueles mestres que participan desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso ó que tiveron que acudir obrigatoriamente desde a situación de provisionais de novo ingreso, poderán optar a que se lles aplique no lugar do apartado a) do baremo, a puntuación correspondente ó apartado c) deste, considerándose, neste caso, como provisionais tódolos anos de servicio. De non facer constar este extremo no espacio que para tal fin figura na instancia de participación, considerarase a puntuación polo apartado a).

Para estes efectos considerarase que están no seu primeiro destino definitivo aqueles mestres que no momento de participación no proceso de adscrición regulado pola Orde do 15 de maio de 1996 estaban no seu primeiro destino definitivo aínda que nel resultasen adscritos a outro centro.

Novena.-Os mestres que acudan á presente convocatoria desde o primeiro destino definitivo obtido ó que tiveron que acudir por térselles suprimido o posto do que eran titulares, terán dereito a que se lles considere, unicamente para efectos de concurso, como prestados no centro desde o que concursan os servicios que acrediten no centro no que se lles suprimiu o posto. Este mesmo criterio aplicaráselles ós que se encontren prestando servicios no primeiro destino definitivo despois de perdelo por cumprimento de sentencia, resolución de recurso ou por proceder da situación de excedencia forzosa.

Co fin de dar cumprimento ó establecido na Orde do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20) os mestres que se atopen adscritos en calquera das situacións previstas nos puntos primeiro, segundo e terceiro da citada orde e para os únicos efectos de acadar posto de referencia, poderán participar no concurso, sen consumiren praza cruzando a instancia co texto en caracteres maiúsculos «SEN CONSUMIR».

Décima.-Para a valoración dos méritos previstos nos apartados e), f) e g), alegados polos concursantes, constituirase unha comisión designada para o efecto pola Dirección Xeral de Persoal, á que poderán asistir representantes das organizacións sindicais acreditadas na Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.

Décimo primeira.-No caso que se producisen empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo, sucesivamente, á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo conforme a orde en que aparecen nel. Se persistira o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subapartados pola orde en que aparecen no baremo. De ser

necesario utilizarase, como derradeiro criterio de desempate o ano da convocatoria de ingreso e dentro deste a maior puntuación obtida no proceso selectivo.

IV. Vacantes.

Décimo segunda.-As vacantes que se van prover nas convocatorias faranse públicas no Diario Oficial de Galicia previamente á resolución das mencionadas convocatorias, conforme determina o artigo 7 do Real Decreto 895/1989, na súa nova redacción dada polo tamén Real decreto 1664/1991.

As vacantes mencionadas serán incrementadas coas que resulten da resolución de tódalas convocatorias.

Tódalas vacantes ás que se fai referencia nesta norma deben corresponder a postos de traballo previstos na planificación escolar do curso 1998-1999.

Para estes efectos, a planificación terá en conta o número de alumnos do primeiro ciclo de ESO que se van escolarizar nos institutos de educación secundaria, o número de profesores que posúen determinadas especialidades así como os suprimidos de diferentes zonas educativas.

Décimo terceira.-Co fin de que os participantes nestas convocatorias poidan realiza-las súas peticións, xunto coa presente orde publícanse a relación de localidades e centros existentes nas diferentes zonas educativas comprendidas no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II).

V. Formato e formalización da petición.

Décimo cuarta.-A instancia, que poderán obte-los interesados nas delegacións provinciais desta consellería, servicios de Inspección e servicios centrais, dirixirase ó director xeral de Persoal e poderá presentarse no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo quinta.-O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude, concorra por unha ou varias convocatorias, non poderá exceder de 300.

Décimo sexta.-As peticións, coa limitación de número anteriormente sinalada, poderán estenderse á totalidade de especialidades acreditadas e centros, por se, previamente á resolución das convocatorias ou en calquera momento do seu desenvolvemento e dado que se incrementan resultas, se producise a vacante da súa preferencia.

As peticións poderán facerse a centro concreto ou localidade, sendo compatibles ámbalas modalidades. Nese último caso adxudicarase o primeiro centro da localidade con vacante ou resulta, na mesma orde en que aparecen anunciados no anexo II. Se os postos corresponden a ciencias sociais, xeografía e historia do primeiro ciclo da ESO no recadro correspondente

a «vernáculo» farase constar esta circunstancia poñendo un X.

Décimo sétima.-Nas instancias faranse constar, conforme as instruccións unidas a elas, por orde de preferencia, os postos que se solicitan, expresando coa maior claridade os conceptos exactos que no impreso da instancia se consignan.

Calquera dato omitido ou consignado erroneamente polo interesado non poderá ser invocado por este para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e dereitos.

Unha vez entregada a instancia, por ningún concepto se alterará a petición, nin aínda cando se trate da orde de prelación dos postos solicitados. Cando os códigos resulten ilexibles, estean incompletos ou non se coloquen no cadro correspondente, considéranse non incluídos na petición, perdendo todo dereito en relación con eles os concursantes.

Décimo oitava.-A instancia irá acompañada de:

1. Folla de servicios certificada e pechada no día 20 de decembro de 1997, unicamente se se participa desde provincia distinta á que ten acreditado o destino.

2. Copia compulsada da certificación de habilitación expedida polo delegado provincial correspondente.

Os que con posterioridade ós prazos sinalados na Orde do 8 de marzo de 1991 (DOG do 24), sobre habilitación do profesorado, cumpriron algún dos requisitos específicos que para o desempeño de determinados postos esixe o artigo 13 do Real decreto 895/1989, se participan en calquera destas convocatorias, poderán acreditar tal circunstancia na forma prevista na norma vixésimo quinta da base VI destas normas comúns ás convocatorias.

Conforme o disposto na norma primeira das comúns ás convocatorias, os mestres que están a realizar cursos de especialización poderán particiar pola especialidade do curso, quedando obrigados a xustifica-la correspondente habilitación antes da publicación da resolución provisional.

3. Certificación expedida polo delegado provincial acreditativa de que o centro do seu destino está clasificado como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño para os efectos do apartado b) do baremo.

4. Documentación acreditativa dos cursos realizados ou impartidos, titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo, desempeño de cargos directivos e por último publicacións.

No que se refire ós cursos de perfeccionamento ten que constar, inescusablemente, o número de horas de duración do curso ou cursos. Aqueles nos que non se fixera mención de tal circunstancia, non se computarán, agás nos cursos de lingua galega e outros nos que conste a súa duración na convo

catoria publicada no Diario Oficial de Galicia, que se valorarán conforme esta, aínda que no certificado non conste a súa duración.

Para que sexan puntuadas as titulacións de primeiro ciclo, será necesario presentar fotocopia do título de diplomado ou, se é o caso, certificación académica persoal na que se faga constar que se cursaron e aprobaron tódalas disciplinas correspondentes ós tres primeiros cursos de que consta unha licenciatura, enxeñería ou arquitectura, non entendéndose como titulación de primeiro ciclo a superación do curso de adaptación.

A presentación da fotocopia compulsada do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto dará lugar, exclusivamente, ó recoñecemento da puntuación correspondente ó 2º ciclo.

Para a valoración da titulación de segundo ciclo é requisito imprescindible xuntar fotocopia compulsada ou cotexada do título de mestre.

VI. Outras normas.

Décimo novena.-O prazo de presentación de instancias para tódolas convocatorias será de 15 días hábiles e comezará a computarse a partir do día 2 de decembro e rematará o día 20 do mesmo mes, ámbolos dous inclusive.

Vixésima.-Tódalas condicións que se esixen nestas convocatorias e os méritos que aleguen os participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, excepto o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán a 31 de agosto de 1998 e os mestres que na actualidade están a realizar cursos de especialización tal e como se establece na norma primeira das comúns.

Vixésimo primeira.-Non serán tidos en conta os méritos non invocados nas solicitudes, nin tampouco aqueles que non se xustifiquen documentalmente durante o seu prazo de presentación.

Vixésimo segunda.-Poderá ser anulado o destino obtido por calquera concursante que non se axuste ás normas da convocatoria.

Vixésimo terceira.-É requisito imprescindible en calquera das convocatorias, para solicitar un posto determinado, estar habilitado para o seu desempeño.

Vixésimo cuarta.-Para poder participar en concurso deberá acreditarse permanencia ininterrompida de dous anos no destino definitivo no centro desde o que se participa.

Vixésima quinta.-A circunstancia de estar en posesión dos requisitos específicos para o desempeño de determinados postos de traballo que esixe o artigo 17 do Real decreto 895/1989, na súa nova redacción dada polo Real decreto 1664/1991, acreditarase por medio da certificación de habilitación expedida polo delegado provincial.

Aqueles mestres que con posterioridade á finalización dos prazos previstos na Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24), superaron cursos de especialización convocados polo Ministerio de Educación e Cultura ou polas comunidades autónomas con competencias en materia de educación e que habilitan para o desempeño de determinados postos, de participar nas presentes convocatorias, poderán solicita-la habilitación correspondente, xuntando ó resto da documentación a instancia solicitude segundo modelo anexo I da Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24) e certificado acreditativo de ter superado o curso ou cursos correspondentes, no que conste, á parte dos extremos que se considere necesarios, a área ou especialidade del e a data de convocatoria.

Así mesmo, aqueles mestres que, con posterioridade ós indicados prazos e por teren rematado os estudios correspondentes, estivesen en condicións de obter algún dos títulos ou diplomas que para o desempeño de determinados postos esixe o artigo 17 do Real decreto 895/1989 e a nova redacción dada polo Real decreto 1664/1991 e pretendesen facelo valer nas presentes convocatorias, poderán solicita-la habilitación correspondente, xuntando certificación académica na que se faga consta-la finalización dos estudios, que xuntarán ó resto da documentación de participación.

Vixésimo sexta.-Os mestres que concorran ó concurso desde a situación de excedencia, no caso de obteren destino, estarán obrigados a presentar na delegación da provincia onde estea o destino obtido e antes da toma de posesión, os documentos que se citan a continuación e que o citado organismo terá que examinar co fin de presta-la súa conformidade e autorizalos para facerse cargo do destino alcanzado. Os documentos que se presentarán son os seguintes: copia da orde de excedencia e declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio da Administración do Estado, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Aqueles mestres que non logren xustifica-los requisitos esixidos para o reingreso, non poderán tomar posesión do destino obtido no concurso, quedando a citada praza como vacante para a súa provisión segundo corresponde.

Vixésimo sétima.-Os que participen nestas convocatorias e soliciten e obteñan a excedencia no transcurso da súa resolución ou cesen no servicio activo por calquera outra causa, consideraranse como cesantes na praza que lles corresponda, quedando esta como vacante para a súa provisión segundo corresponda.

Vixésimo oitava.-Os mestres que obteñan praza nestas convocatorias e durante a súa tramitación permutaran os seus destinos, estarán obrigados a servi-lo posto para o que foron nomeados, anulándose a permuta que fora concedida.

VII. Tramitación.

Vixésimo novena.-As delegacións provinciais son as encargadas da tramitación das solicitudes dos mestres que serven na súa demarcación excepto as dos que desempeñen provisionalmente ou en comisión de servicios destino distinto do que son titulares, que serán tramitadas pola delegación da provincia onde teñen acreditado o destino definitivo.

Se a solicitude non reunise os datos que sinala o artigo 71 da Lei 30/1992, requirirase o solicitante para que no prazo de 10 días repare a falta ou xunte os documentos preceptivos, con apercibimento de que, se así non o fixese se arquivará sen máis trámite. Exclúense desta norma os datos referidos a códigos de zona, localidade, centro e especialidades que, en ningún caso, poden ser alterados.

As instancias con aspectos para rectificar serán tramitadas polas delegacións provinciais como as dos demais, facendo constar na cabeceira da petición o defecto que é preciso reparar e a circunstancia do requirimento ó interesado, correspondendo á Dirección Xeral de Persoal a medida de arquivar, sen máis trámites, as instancias que non se emendaren; para este efecto a respectiva delegación oficiará sobre tal extremo a citada dirección xeral.

Trixésima.-Con respecto ás peticións daqueles mestres que cumpren algún dos requisitos específicos do artigo 17, con posterioridade á finalización dos prazos previstos na Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24), as delegacións provinciais constituirán unha comisión coa composición sinalada no punto 8º da dita orde para efectos de analiza-la documentación aportada e propoñerlle, se é o caso, ó delegado provincial a expedición da oportuna certificación de habilitación. En tal caso daráselle trámite á petición para o concurso polo que respecta á/s nova/s especialidade/s recoñecida/s.

Trixésimo primeira.-As delegacións provinciais, unha vez realizados os trámites oportunos, exporán nos taboleiros de anuncios, as seguintes relacións.

a) Relación de participantes na convocatoria de mobilidade dos mestres definitivos no centro, ordenados alfabeticamente por localidades e dentro de cada unha destas por centros. Os solicitantes de cada centro ordenaranse, así mesmo, polo suposto de participación, considerando conxuntamente os supostos 1 e 2. Nesta relación expresarase a antigüidade do mestre como definitivo no centro, para efectos de concurso, os anos de servicio como funcionario de carreira, ano de ingreso no corpo e número de lista.

b) Relación de participantes na readscrición á zona (transitoria décimo primeira), ordenada por zonas. Dentro de cada zona consignaranse os seus participantes ordenados polas prioridades que determina o baremo.

c) Relación dos participantes na convocatoria para o exercicio do dereito preferente, ordenados por gru

pos segundo a prioridade sinalada na norma primeira, en concordancia coa sexta, da base da dita convocatoria. Nesta relación farase mención expresa da puntuación que segundo o baremo corresponde a cada un dos participantes.

d) Relación dos participantes no concurso, apartado 6, con expresión da puntuación que lles corresponde por cada un dos apartados e subapartados do baremo.

e) Relación, de se-lo caso, de peticións que foron rexeitadas.

As delegacións provinciais darán un prazo de oito días naturais para reclamacións.

Trixésimo segunda.-Rematado o citado prazo, as delegacións provinciais exporán no taboleiro de anuncios as rectificacións que procedan.

Contra esta exposición non cabe reclamación e terá que esperarse a que a Dirección Xeral de Persoal faga pública no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional das convocatorias e estableza o correspondente prazo de reclamacións.

As delegacións provinciais remitirán á Dirección Xeral de Persoal as peticións dos participantes ordenadas alfabeticamente independentemente da convocatoria pola que participan.

Trixésimo terceira.-As delegacións provinciais remitirán relación dos mestres que, estando obrigados a participar no concurso, non o fixeran. Destes mestres formularán impreso de solicitude para cada un, consignando tódolos datos que se sinalan para os que presentaron solicitude, sen consignar vacantes no apartado b) da instancia e cubrindo o apartado c) desta priorizando a provincia na que está destinado e seguindo coa orde alfabética das restantes empezando pola primeira. Igualmente cubrirán o espacio de especialidades priorizándoas tal e como constan na correspondente certificación de habilitación.

En bloque á parte remitirán as instancias dos participantes pola modalidade «SEN CONSUMIR».

VIII. Publicación de vacantes, adxudicación de destinos e toma de posesión.

Trixésimo cuarta.-A Dirección Xeral de Persoal resolverá cantas dúbidas se susciten no cumprimento do que estas convocatorias dispoñen: ordenará a publicación das vacantes que correspondan segundo o disposto non artigo 7 do Real decreto 895/1989, na nova redacción dada a este polo Real decreto 1664/1991, adxudicará provisionalmente os destinos, concederá prazo para as reclamacións e desestimentos e, por último, elevaranse a definitivos os nomeamentos, resolvéndose aqueles pola mesma resolución que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes a quen estas afecten.

Trixésimo quinta.-O desistimento da participación en concurso deberá formularse nos prazos establecidos para tal fin na resolución provisional, entendéndose este como baixa total na/s convocatoria/s de participación.

Trixésimo sexta.-Os destinos adxudicados na resolución definitiva son irrenunciables.

Trixésimo sétima.-A toma de posesión do novo destino terá lugar o día primeiro de setembro de 1998, cesando no de procedencia o último día de agosto do mesmo ano.

IX. Recursos.

Trixésimo oitava.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e forma establecidos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo de comunicación da súa interposición a esta consellería, tal e como esixe o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

BAREMO

Documentación

xustificativa

A) Tempo de permanencia ininterrompida como funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que participa.

Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 1 punto por ano.

Polo cuarto ano: 2 puntos.

Polo quinto ano: 3 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 4 puntos por ano.

Polo décimo primeiro e seguintes: 2 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse da seguinte maneira: fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo; fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Para os mestres con destino definitivo nun posto de traballo docente de carácter singular, a puntuación deste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida no posto desde o que solicita.

Para os mestres en adscrición temporal a centros públicos españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa, a puntuación deste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo a delegación provincial certificará de oficio estes servicios.

Documentación

xustificativa

B) Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo en centro ou posto singular desde o que se solicita cando foran catalogados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente.

Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 0,50 puntos por ano.

Polo cuarto ano: 1 punto.

Polo quinto ano: 1,50 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 2 puntos por ano.

Polo décimo primeiro e seguintes: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse do seguinte xeito:

Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.

Fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Non se computarán para estes efectos o tempo que se permaneceu fóra do centro en situación de servicios especiais, comisión de servicios, en licencia por estudio ou situacións análogas.

A puntuación resultante por este apartado, engadirase á obtida polo apartado A).

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo, a delegación certificará de oficio estes servicios.

C) Tempo transcorrido en situación de provisionalidade polos funcionarios de carreira que nunca obtiveron destino definitivo:

1 punto por ano de servicios ata que obteñan a propiedade definitiva.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Os servicios desta clase prestados en centros ou postos clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, darán dereito, ademais, á puntuación establecida no apartado B).

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia da que dependen. En caso contrario a delegación correspondente certificará de oficio estes servicios.

D) Anos de servicio activo como funcionarios de carreira no corpo de mestres.

1 punto por cada ano de servicio.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia na que teñen acreditado o destino. En caso contrario a delegación correspondente certificará de oficio estes servicios.

Documentación

xustificativa

E) Cursos de perfeccionamento organizados polas administracións públicas educativas competentes e, se é o caso, as homologacións que procedan.

E.1. Cursos impartidos: por participar, en calidade de relator, profesor ou dirixir, coordinar ou titorar cursos de formación permanente (entendidos nas súas distintas modalidades: grupos de traballo, seminarios, grupos de formación en centros, cursos, etc.) convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro que foran homologados ou recoñecidos por esta administración, así como os convocados polas universidades.

0,10 puntos por cada 10 horas acreditadas ata un máximo de 1 punto.

E.2. Cursos superados: pola asistencia a cursos de formación do profesorado (entendidos como se sinala no punto anterior), convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro e que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.

0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados, ata un máximo de 2 puntos.

Por este apartado E) pódese outorgar ata un máximo de 3 puntos.

Copia compulsada do documento acreditativo.

F) Titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo de mestres.

F.1. Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ou polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería: 1,50 puntos.

F.2. Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: 1,50 puntos.

F.3. Por posuí-lo título de doutor: 2,50 puntos. Por este apartado pódese outorgar un máximo de 3,00 puntos.

Copia compulsada do título ou certificacións académicas cando se trate de cursos superados.

Documentación

xustificativa

G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto.

Polo desempeño de cargos directivos e, se é o caso, de coordinadores de ciclo, ata un máximo de 10 puntos, outorgarase a seguinte puntuación por ano.

G.1.1. Director/a en centros públicos ou centros de formación continuada do profesorado: 1,50 puntos.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.

Nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.

G.1.2. Secretario/a e xefe/a de estudios dos referidos centros: 1 punto.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.

G.1.3. Coordinador/a de ciclo, de departamento, de equipo de normalización lingüística, asesor/a técnico pedagóxico dos CEFOCOS ou mestre adscrito a centros de recursos: 0,50 puntos.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,041 puntos por cada mes completo.

Publicacións.

Certificación expedida polo director do centro co visto e prace do inspector de educación da zona, agás no caso dos asesores técnico pedagóxicos e dos mestres dos centros de recursos que deberán presentar nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.

G.1.4. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionados con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.

Ata 1 punto.

Exemplares con I.S.B.N.

G.1.5. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.

Ata 1 punto.

Exemplares con I.S.B.N.

G.1.6. Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas por escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música e danza valoraranse da forma seguinte:

Música e danza: grao medio: 0,50 puntos.

Ensinanza de idiomas: ciclo medio: 0,50 puntos; ciclo superior: 0,50 puntos.

Fotocopia compulsada de cantos títulos sexan alegados ou certificación acreditativa de ter feitos os estudios conducentes á súa obtención.

9451