Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

No BOP de Pontevedra número 204, datado do 22 de outubro de 1997, aparecen publicadas as bases da convocatoria realizada polo Concello de Vila de Cruces, para prover mediante oposición libre a praza de:

Denominación: garda da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, grupo D.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Nº de prazas: unha.

Sistema de acceso: oposición libre.

Dereitos de exame: 3.000 ptas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Vila de Cruces, 31 de outubro de 1997.

Jesús Otero Varela

Alcalde-presidente

9414