Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de estudio de detalle.

A Alcaldía-Presidencia o 8 de setembro de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Smanlus, S.L., que ten por obxecto a ordenación de volumes en San Pedro da Ramallosa, segundo a documentación redactada polo arquitecto Guillermo Lago Davila.

Ó mesmo tempo, acordou a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente por calquera persoa e formula-las alegacións que procedan.

Nigrán, 3 de novembro de 1997.

José Villar Pereira

Alcalde

9017