Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan parcial do sector número 5 residencial de Allariz (Ourense).

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1997, acordou aprobar con carácter definitivo o plan parcial do sector número 5 residencial conforme o proxecto redactado polos servicios técnicos da oficina municipal de obras.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Allariz, 4 de novembro de 1997.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

9019