Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite ordinario, para a contratación administrativa do Servicio de Tenda, que ten por obxecto a venda de revistas, prensa e florería. (C.P. 4/97).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite ordinario, da contratación administrativa do servicio de tenda, que ten por obxecto a venda de revistas, prensa e florería (C.P. 4/1997).

Obxecto.

A contratación administrativa do servicio de tenda, que ten por obxecto a venda de revistas, prensa e florería.

Forma de adxudicación.

Procedemento aberto mediante concurso público e polo trámite ordinario.

Prazo de execución.

Inmediato a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables de 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

-A fianza provisional será de 20.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será de 40.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artículo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artículo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

-Deseño e solución técnica do local asignado: ata 5 puntos.

-Canon anual que hai que satisfacer: ata 5 puntos.

Clasificación.

Non se precisa.

Presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviarse por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do Hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores.

Deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do concurso.

Monforte de Lemos, 30 de outubro de 1997.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal

de Monforte de Lemos

9416