Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-2, 4786 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Lagoa-Buriz.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,81 km, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95-50 Al, para mellora do servicio eléctrico en Lagoa-Buriz, concello de Guitiriz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8982