Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilela, Chao e Barredas.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56/54,6 mm Al, cunha lonxitude de 298 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Vilela, Choa e Barredas, concello de Monforte de Lemos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 13 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8854