Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T. Cendoi-Ribas de Miño.
Situación: O Páramo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56/54,6 mm Al, cunha lonxitude de 3.632 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Cendoi e Ribas de Miño, concello do Páramo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 10 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8845