Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/52-2, 4732 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. e saídas en B.T. no campo da feira.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: centro de transformación prefabricado de 400 kVA. 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea no campo da feira de 120 metros, en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x150/80 Al. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x(1x150) Al, para mellora do servicio eléctrico no sector, en Monterroso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 10 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8848