Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.451

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (15/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 15/1997, que se segue por lesións en agresión, ameazas, estafa, cítase a Gonzalo Bruzos Piñeiro para que o vindeiro día doce de decembro ás 11.30 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Gonzalo Bruzos Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7477