Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.449

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade. (Expediente 1481/97).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 17 de marzo de 1997 (BOE do 24 de abril) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Plaza de: catedrático de universidad.

Área de conocimiento: física atómica, molecular y nuclear.

Plaza nº: 1481/1997.

Comisión titular:

Presidente: Enrique Fernández Sánchez, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretario: Ángel Morales Villasevil, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocal 1º: Jesús Sánchez-Dehesa Moreno Cid, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal 2º: Antonio Ferrer Soria, catedrático de universidade. Universidad de Valencia (Estudi General).

Vocal 3º: Juan Martorell Domenech, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Luis Egido de los Ríos, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal secretario: Bernardo Adeva Andany, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Saturnino Marcos Marcos, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocal 2º: Alberto Ángel Ruiz Gimeno, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocal 3º: Rafael Núñez Lagos Rogla, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

8959