Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS RIBEIRA SACRA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno desta Mancomunidade do 10-11-1997 o prego de condicións económico-ad

ministrativas que rexerán o procedemento para a contratación da subministración referenciada, exponse ó público por 4 días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio para presentación de reclamacións polos interesados. Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentárense reclamacións.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Mancomunidade da Ribeira Sacra. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: execución da subministración «Material Campaña Publicidade 1997». Nº de unidades que se entregarán: Sg. anexo prego. Lugar de entrega: Sede da Mancomunidade, Pz. de Montederramo, 28, Montederramo, Ourense. Prazo de entrega: en todo caso con anterioridade á data tope para xustifica-lo gaso segundo convenio asinado coa Sª Xeral para o Turismo. Este termo ten carácter de condición esencial do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 4.079.654 ptas.

5. Garantías. Provisional: 81.593 ptas. Definitiva: 163.186 ptas.

6. Obtención de información. Mancomunidade da R.S. Pz. Montederramo, 28, Montederramo, 32750. Teléfono: 29 20 00, telefax: 29 20 71. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos específicos do contratista. Non se esixen requisitos específicos distintos dos xerais sinalados nos pregos.

8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: ós 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio. De 9 a 14 de luns a venres no rexistro xeral da mancomunidade ou da forma sinalada na cláusula XI do prego de condicións. b) Documentación que se presentará: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados de «Proposición económica», «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e a documentación que se sinala nas cláusulas XI e XII dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura de ofertas. Na sede da mancomunidade ás 13 horas do 2º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións (se o día fora sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Outras informacións. Nos pregos de condicións e na Sª Xeral da Mancomunidade en horario de 10 a 14 horas.

11. Gastos de anuncios a cargo do adxudicatario.

ANEXO I

Modelo de proposición económica

Don/Dona... maior de idade, con enderezo en..., titular do DNI nº... e nome propio (ou en representación de..., conforme acredito con poder bastante) informado do concurso tramitado para adxudica-la subministración de material para a campaña de publicidade 1997, comprométome a realizala con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas nas seguintes condicións:

Prezo:... prazo de execución e condicións funcionais segundo constan na documentación contida en sobre c).

... a... de... de 19...

Montederramo, 17 de novembro de 1997.

O secretario

Rubricado