Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública da modificación do estudio de detalle delimitado polas rúas Ronda de D. Bosco, Enrique Blein e Venezuela. (Expediente 4528/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 7 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle delimitado polas rúas Ronda de D. Bosco, Enrique Blein e Venezuela, aprobado definitivamente polo Pleno deste Concello, en sesión do 3 de marzo de 1995, formulado por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e conforme a documentación elaborada polo arquitecto Ramón Corrochano Casares, visado polo COAG con datas do 19 de setembro e 16 de outubro de 1997, someténdoo a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que fai público para xeral coñecemento, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publi

cación. O expediente atópase ó dispor do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 13 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-Presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo

97-9323