Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de diverso mobiliario para o Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 127/1997).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: subministración de diverso mobiliario para o Hospital Xeral de Galicia.

II. Orzamento estimado: 10.401.920 ptas., IVE incluído.

Lote 1: padiolas para urxencias: 4.239.000 ptas.

Lote 2: padiolas clínicas: 4.481.120 ptas.

Lote 3: cadeiras para habitación paciente: 559.000 ptas.

Lote 4: cadeiras para pacientes de UCI: 832.800 ptas.

Lote 5: mesas auxiliares para habitacións paciente: 290.000 ptas.

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presente oferta.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicados.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: desde a data do asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

VI. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e o prezo unitario máximo, melloren as características mínimas esixidas.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IX. Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 9 da folla de especificacións.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposición: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo, no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con

tratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán aportar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

9365