Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a subministración de 28,5 millóns de unidades de semente de ameixa fina (Tapes decusatta) en 3 lotes de 9,5 millóns de unidades/lote.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de semente de ameixa fina (Tapes decusatta)

b) Nº de unidades que se van a entregar: 28,5 millóns de unidades, segundo o estipulado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

Nº unidades sementeImporte lote

Lote nº 19.500.00011.400.000 ptas.

Lote nº 29.500.00011.400.000 ptas.

Lote nº 39.500.00011.400.000 ptas.

d) Adxudicación por lotes: ningún adxudicatario poderá selo de máis de dous lotes.

e) División dos lotes por anualidades:

Anualidade de 1997

Nº unidades sementeImporte

Lote nº 1190.000228.000 ptas.

Lote nº 2190.000228.000 ptas.

Lote nº 3190.000228.000 ptas.

Anualidade de 1998

Nº unidades sementeImporte

Lote nº 19.310.00011.172.000 ptas.

Lote nº 29.310.00011.172.000 ptas.

Lote nº 39.310.00011.172.000 ptas.

f) Lugar de entrega: centros de Ribadeo e de Couso da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou calquera outro lugar de establecemento da costa galega que designe a consellería.

g) Prazo de entrega: a semente correspondente á anualidade de 1997 entre o 15 e o 25 de decembro de 1997, a correspondente á anualidade de 1998 entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 1998, podendo ampliarse en función da evolución do proceso productivo, logo de informe favorable dos técnicos da consellería.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto

c) Forma de adxudicación: concurso

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 34.200.000 pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano, 5 - 2º

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 44

e) Telefax: (981) 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5 - 2º, Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano, 5 - 2º

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de anuncios:

Serán por rateo entre os adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

97-9341