Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Isabel.

Visto o expediente incoado por Mª Carmen Herbello Bermúdez e fillos, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Isabel, outorgado pola orde ministerial do 11-3-1964 (BOE nº 96), situada na cuadrícula nº 28, do polígono «A» de Cangas, rematando a concesión o 14-4-2004, e da que era titular José Díaz del Río.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería accede ó solicitado e declara titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións que as expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Carmen Herbello Bermúdez, José Carlos, Rosa Mª, Julio, Luis Miguel e Mª Carmen Díaz Herbello.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

En cumprimento do establecido no artigo 33 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, deberán legalizarse as medidas da batea, respectando os 550 m máximos de superficie e sen que o lado maior exceda os 27 m. Isto antes do 22 de novembro de 1997 de conformidade co disposto na disposición transitoria primeira dúas do Decreto 406/1996 antes citado.

Vigo, 20 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo

9337