Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/92-2, 4780 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Acivo e Celeiro.

Situación: Pedrafita do Cebreiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 MM2 AL, cunha lonxitude de 0,066 Km, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V. En Celeiro. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3X25-50-95 e R.Z.-0,6/1 kV-2X25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Acivo e Celeiro, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8838