Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: R.B.T. en Gándaras.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3X25-50 e R.Z.-0,6/1 kV-2X25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Gándaras, concello de Monforte de Lemos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8835