Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.403

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se convoca concurso público de méritos para a provisión da praza 103/97 do corpo docente de profesores titulares de escola universitaria.

De conformidade co establecido no título V da Lei 11/1983, do 25 agosto, e no artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado resolveu convocar concurso de méritos para a praza que se relaciona no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-O dito concurso rexerase polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo); Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

Segunda.-Para ser admitido ó citado concurso os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea logo de acredita-la nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados

sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no Tratado constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter cumpridos os setenta anos.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o acceso e exercicio da función pública.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte neste concurso remitiralle a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 pesetas en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo 0040225994 de Caixavigo, (oficina principal, rúa García Barbón, 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, onde conste referencia a esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra esta resolución os interesados poderán presentar recla

mación perante o rector, no prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, de se-lo caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución da mesma.

b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e con sinalamento da data, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada no artigo 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Oitava.-O candidato proposto para a provisión da praza deberá presentar na secretaría xeral da universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Vigo, 5 de novembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Universidade de Vigo

Número de prazas: 1.

Praza número: 103/97.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en álxebra lineal.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.

8897