Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.402

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a José Manuel García Vázquez (praza 4/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por

resolución da Universidade de Vigo do 15 de xaneiro de 1997 (BOE do 7 de feberiro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a prol de José Manuel García Vázquez, con documento nacional de identidade número 33.837.379, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel García Vázquez, catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de novembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8825