Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso público con procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 38/1997).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidad de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 38/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rede de comunicacións integral para a facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus das Lagoas-Marcosende de Vigo.

b) Lugar de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.969.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% importe licitación.

Definitiva: 4% importe licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: rúa Areal, 46, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: rúa Areal, 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Areal, 46-1º andar.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

9240