Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de equipos informáticos (expediente 33/97); adquisición de equipamentos diversos para a unidade de pediatría-escolares (expediente 34/97), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

-Expediente 33/97.

1. Obxecto: adquisición de equipos informáticos.

2. Orzamento: 10.000.000 de ptas., IVE incluido.

-Expediente 34/97:

1. Obxecto: adquisición de equipamentos diversos para a unidade de pediatría-escolares.

2. Orzamento: 15.290.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: só se admitirá unha variante por lote.

5. Garantía provisional: 2% de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracions publicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracions públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

-Expediente 33/97:

10. Criterios de adxudicación:

1. Calidade: ata 5 puntos.

2. Prezo: ata 5 puntos.

3. Grao de implantación no sector: ata 3 puntos.

(o que se verificará, para o licitador adxudicatario).

-Expediente 34/97:

10. Criterios de adxudicación:

A) 1. Calidade: ata 4 puntos.

2. Funcionalidade/manexo: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 1 punto.

4. Servicio: ata 2 puntos.

5. Grao de implantación: ata 2 puntos.

B) Prezo: ata 10 puntos.

11. Documentación:o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14. horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 12 de novembro de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

9242