Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997 pola que se anuncia a contratación da subministración de hardware e software para soporte de novas aplicacións da plataforma corporativa da Xunta de Galicia polo procedemento de concurso público aberto e trámite de urxencia.

Obxecto: contratación da suministración de hardware e software para soporte da plataforma corporativa da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: 31.316.556 pesetas.

Prazo de execución: 20 días a contar desde o seguinte ó da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 626.331 pesetas.

Fianza definitiva: 1.252.662 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de hardware e software para soporte da plataforma corporativa da Xunta de Galicia, que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

Administración Pública

8970