Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.303

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a Estrella Álvarez da Costa (praza 49/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de setembro 1996 (BOE do 26 de outubro), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol de Estrella Álvarez da Costa, con documento nacional de identidade número 34.254.446, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Estrella Álvarez da Costa, profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de novembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8882