Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para o arrendamento da residencia do complexo do castelo de Soutomaior, con destino a establecemento de hostelería (Pousada).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 13 de novembro de 1997, aprobou o expediente de contratación do concurso sinalado, coas seguintes especificacións:

Tipo de licitación: fíxase en 3.007.511 pesetas de renda anual.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e como fianza definitiva o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: no rexistro xeral da deputación, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.

Exposición e adquisición de pregos: a exposición dos pregos e anuncio do concurso realízase conxuntamente e pódense presentar reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio no BOP. No caso de reclamacións contra os pregos suspenderase a licitación.

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas, modelo de proposición e demais documentación, están á disposición dos interesados no Servicio de Contratación, tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións, de 9 a 13 horas.

Os gastos de inserción de anuncios e tódolos que ocasione o expediente serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 13 de novembro de 1997.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado