Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 5 de novembro pasado (DOG número 219, do 12-11-1997), pola que se anuncia contratación polo trámite de urxencia, mediante sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de reforma de fontanería no Hospital Juan Canalejo da Coruña.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 219, do mércores 12 de novembro de 1997, cómpre efectua-la seguinte corrección:

DISPOÑO:

Primeiro.-Corrixi-la clasificación do contratista, que di: «grupo E, subgrupo 1, categoría d», e debe dicir: «grupo J, subgrupo 4, categoría d».

Segundo.-O prazo de presentación de proposicións rematará antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación da corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1997.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15-2-1996)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9162