Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 28 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Sarandóns (Abegondo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Sarandóns (Abegondo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 216/1992, do 24 de xullo (DOG nº 148, do 31 de xullo), que a xunta local da zona, na súa reunión do 27 de outubro de 1997, aprobou as bases definitivas da concentración parcelaria, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Abegondo e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que

sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrtivo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a que teñan que facerse as notificacións.

A Coruña, 28 de outubro de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

8632