Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense), declarada de utilidade pública e de interese social a urxente execución polo Decreto da Xunta de Galicia 516/1990, do 14 de novembro (Diario Oficial de Galicia número 232, do 26 de novembro) o seguinte:

Primeiro.-O 23 de outubro de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello dos Blancos durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación desta.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para isto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e,

se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 23 de outubro de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

8661