Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti
ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Ramón María Aller.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a liña TRO.7.10 á altura do cruzamento da rúa Urzáiz con baixada á estación, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Ramón María Aller e rematando na mesma liña, concello de Vigo, C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8728