Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti
ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa a Perla-Portonovo.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterranea a 20 kV, de 500 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Fabaíños, rematando no C.T. que se proxecta na rúa a Perla-Portonovo, concello de Sanxenxo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 24 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8730