Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación da solicitude do permiso de investigación Perico, nos concellos de Pontevedra e Poio, por parte de Construcciones García Justo, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Construcciones García Justo, S.L., con domicilio en Toural, 4, Tomeza, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de febreiro de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Perico, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa nos termos municipais de Pontevedra e Poio da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2758 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 40' 00''42º 27' 40''

Vértice 28º 39' 00''42º 27' 40''

Vértice 38º 39' 00''42º 26' 40''

Vértice 48º 40' 00''42º 26' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoñe a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 13 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8732