Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa da obra que se cita.

Título do proxecto: RC-LU-97.21 pavimentación da ponte vella de Monforte de Lemos. LU-661 Ronda de Monforte de Lemos.

Orzamento: 10.413.073.

Clasificación: non se esixe.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% na citada obra. Así mesmo, desta obra deberase xustifica-la solvencia económica e financeira e a solvencia técnica por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A fianza definitiva será equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 13 de novembro de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

8643