Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.214

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 328/1997, do 30 de outubro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei e unha vez designados polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:

-Maite Fernández Piñeiro (Concello de Vigo).

-Jaime Rey Barreiro (Concello de Redondela).

-José Manuel Martínez García (Concello de Boqueixón).

-Enrique González Fernández (Concello da Pontenova).

-Juan M. Jiménez Morán (Concello de Verín).

-José Luís Méndez Romeu (Concello da Coruña).

-Antonio Lagares Pérez (Concello de Betanzos).

-José Carlos Sequeiros Pérez (Concello de Baños de Molgas).

Artigo 2º.

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:

-Maite Fernández Piñeiro (Concello de Vigo).

-Enrique Fernández González (Concello da Pontenova).

-José Carlos Sequeiros Pérez (Concello de Baños de Molgas).

-José Manuel Martínez García (Concello de Boqueixón).

-Francisco Gil Zamora (Concello de Avión).

-Mª Victoria Abad Naveira (Concello da Coruña).

-Antonio Lagares Pérez (Concello da Betanzos).

-Rafael Mouzo Lago (Concello de Corcubión).

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9055