Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o 21-10-1997, acordou prestarlle aprobación inicial ó proxecto de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono da UG3-A, expoñéndose o expediente ó público, na secretaría do concello, polo prazo de vinte días hábiles, para os efectos de exame e reclamacións.

Cambados, 27 de outubro de 1997.

Santiago Tirado Serén

Alcalde

8561