Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Fraiz (A Estrada-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra pon en coñecemento dos

interesados na concentración parcelaria da zona de Fraiz (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 144/1995 do 10 de maio (DOG nº 101, do 29 de maio), que a xunta local da zona, na súa reunión do 22 de outubro de 1997, aprobou as bases definitivas de concentración. As mencionadas bases estarán expostas ó público no local da Casa do Concello da Estrada e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes, que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e a determinación dos propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados. Os recursos pódense presentar no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes -sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n., de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructura e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

8547