Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta, da obra AC-95-144 Mañón.

A) Obras:

Clave: AC-95-144 Mañón.

Título: acondicionamento da travesía de Ribeiras do Sor, 2ª fase.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e oito mil duascentas cincuenta e dúas (24.998.252) pesetas.

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas noventa e nove mil novecentas sesenta e cinco (499.965) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifiesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica:

Deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

F) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo, ó mesmo enderezo, dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

G) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de novembro de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

9120