Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 16 de maio de 1997 (DOG do 30 de maio), pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 16 de maio de 1997 (DOG do 30 de maio), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo VII, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 13 de febreiro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

-Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:

Publicación: Boletín Galego de Literatura.

Contía: 700.000 ptas.

Publicación: Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: Innovación Educativa.

Contía: 400.000 ptas.

Publicación: Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: NACC: Nova Acta Científica Compostelana.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: Obradoiro de Historia Moderna.

Contía: 400.000 ptas.

Publicación: Revista Galega de Economía.

Contía: 770.000 ptas.

Publicación: Verba: Anuario Galego de Filoloxía.

Contía: 800.000 ptas.

Publicación: Semata.

Contía: 600.000 ptas.

Publicación: Agora: Papeles de Filosofía.

Contía: 500.000 ptas.

-Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña:

Publicación: Lenguaje y Textos.

Contía: 230.000 ptas.

Publicación: Revista Galega de Psicopedagoxía.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: Boletín Académico da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

Contía: 200.000 ptas.

Publicación: Sociológica.

Contía: 200.000 ptas.

Publicación: Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Contía: 500.000 ptas.

Publicación: Revista de Lexicografía.

Contía: 500.000 ptas.

-Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo:

Publicación: Cooperativismo e Economía Social.

Contía: 200.000 ptas.

Publicación: Sarmiento-Anuario Galego de Historia da Educación.

Contía: 200.000 ptas.

Publicación: Thalassas: Revista de Ciencias del Mar.

Contía: 600.000 ptas.

Publicación: Babel-A.F.I.A.L.

Contía: 200.000 ptas.

-Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento:

Publicación: Cuadernos de Estudios Gallegos.

Contía: 200.000 ptas.

-Asociación Marcelo Macías de Colaboradores del Museo y Archivo Provinciales de Ourense:

Publicación: Boletín Auriense.

Contía: 300.000 ptas.

Segundo.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 10 de decembro de 1997 os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

97-9141