Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001516/1997, interposto por Juan Manuel Vales Rodríguez.

O 23 de outubro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001516/1997, interposto por Juan Manuel Vales Rodríguez, contra resolución da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa (Consellería de Educación), do 30-5-1997, desestimatoria de recurso ordinario, sobre solicitude para exerce-la dirección de centros docentes públicos.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

8645