Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se dictan normas para regula-lo desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 1997-1998.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 144, do 29 de xullo de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 7.297, no último parágrafo do apartado oitavo 2 onde di: «Este módulo forma parte dos ciclos formativos de grao superior que se indican no anexo II desta resolución» debe dicir: «Este módulo forma parte dos ciclos formativos de grao superior que se indican no anexo I desta resolución».

-Na páxina 7.299, no último parágrafo da columna da esquerda que se inicia co «3» debe iniciarse co «4», e no primeiro parágrafo da columna da dereita en lugar de iniciarse co «4» debe facelo co «5».

-Na páxina 7.312, na táboa que corresponde ó horario do ciclo superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas, onde di: «Reconsideracións de obra», debe dicir: «Replanteo de obra».

-Na páxina 7.333, no anexo II no apartado de documentación que se debe xuntar, onde di: «Acreditará unha experiencia laboral mínima de 6 meses...», debe dicir: «Acreditará unha experiencia laboral mínima de 12 meses...».

8590