Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación da delimitación da unidade de actuación número 2 do PXOU, situada entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e Avenida de Compostela.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 30-10-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter definitivo, á proposta de modificación da unidade de

actuación número 2 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, aprobado por Orde da COTOP da Xunta de Galicia, do 18-12-1989, e sita entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e Avenida de Compostela, coa finalidade de regulariza-la delimitación entre o cuarteirón número 20 e a unidade de actuación número 2 e homoxeneiza-los fondos edificables do cuarteirón, tratándose os paramentos como fachadas, solicitada por Enrique Ramírez Piñeiro, actuando en nome e representación de Prycoga, S.L., aceptándose o desistimento formulado por Servando Colmeiro Lorenzo do contido da súa alegación deducida durante a información pública do expediente.

Segundo.-Publicar este acto administrativo no BOP e no Diario Oficial de Galicia, con notificación persoal ós interesados e remisión de testemuño do mesmo á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se fose o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 3 de novembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8576