Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cambados (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Cardeñoso, S.L.

Orzamento: 39.999.999 ptas.

Prazo de execución: quince semanas.

Construcción dun paso superior para a supresión dun PN no p.k. 302/931, do FFCC Palencia-A Coruña, no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 23.798.507 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

Asistencia técnica para a mellora da rede ferroviaria de Galicia, 1ª fase.

Adxudicatario: Emilio Magdalena Carreño.

Orzamento: 7.545.266 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

O que se notifica en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, advertíndose que esta resolución en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8477