Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.139

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da matemática, do departamento de Matemáticas, a José Luis Fernández Méndez (praza 27/97).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso de méritos, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da matemática do departamento de Matemáticas, a prol de José Luis Fernández Méndez, con documento nacional de identidade número 34.595.205, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Fernández Méndez, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da matemática, do departamento de Matemáticas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8482