Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-288).

Por decreto desta Alcaldía número 5207/1997, con data do 5 de novembro de 1997, acordouse aprobar

inicialmente o plan especial de reforma interior relativo á UE número 17, na rúa do Areal, Avda. Rosalía Castro, e N-VI en Perillo (Oleiros), tramitado por Parque de Santa Cruz, S.L. Acordouse, así mesmo, procede á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 11 de novembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

8396